O Camiño chega a Xapón

santiago-noite

Achegar o Camiño a Xapón. Diso trata a exposición do fotógrafo vigués Luís Ocaña na embaixada española en Toquio (Xapón). Corenta instantáneas en branco e negro que retratan algúns dos máis fermosos recunchos da Ruta Xacobea, desde os cantís de Fisterra ata paisaxes do río Tambre ou o Pórtico da Gloria do Mestre Mateo.

Esta exposición é a continuación doutros proxectos do fotógrafo galego relacionados coa Ruta Xacobea e a de Kumano Kodo, entre os que se contan unha exposición conxunta co fotógrafo xaponés Tomohiro Muda, que se exhibiu en Santiago, Wakayama –rexión pola que transita o Camiño de Kumano–, Toquio e Paris.

Con esta exposición estréitanse se cadra aínda máis os lazos entre o Camiño de Santiago e o Camiño de Kumano Kodo xaponés, co que mantén grandes semellanzas.

O Camiño de Santiago e o de Kumano están irmandados desde o ano 1998. Ambas as dúas rutas teñen as súas orixes na Idade Media, comparten unha longa tradición de peregrinacións e ambas as dúas foron declaradas Patrimonio da Humanidade.
E se aquí a meta é Santiago de Compostela, na ruta xaponesa, salpicada de templos budistas e sintoístas, éo a cidade de Tanabe.

Tanabe, Japón

Tags: ,

  • Manzoi
    Nevado, creo q tienes razón!
    La verdad esque yo oí hablar del Kumano por casualidad haciendo el Camino de Santiago hace un par de años...
    Y ahora estoy planificando el ir para allá a recorrerlo en 2011, la verdad esque tiene que ser una experiencia muy interesante.
    Me gustaría si me pudieras decir tu experiencia con ese camino, si merece la pena de verdad, los precios de los albergues (o el sucedáneo de por allí jejej)
    Muchas gracias por todo tio!
    Nos vemos! ;-D
  • nevado
    Hola, hai seis anos estiven a facer prácticas no Museo das Peregrinacións en Santigao e xa se falaba moito do camiño de Kumano. Agora levo vivindo uns anos en Kioto, que está moi preto de Kumano e séguese a falar do mesmo pero paréceme que e hora de que se fágan máis cousas coma intercambios de estudiantes, viaxes en grupo, fomento das relacións comerciais mutuas, etc. Sería bonito que o camino de Kumano fose tan famoso en Galicia como o é aquí o de Santiago. Saúdos e non dubideves en poros en contacto conmigo para calquer cousa.
blog comments powered by Disqus
Camino de Santiago blog