Aviso Legal

A presente páxina Web é propiedade de S.A. DE XESTIÓN DO PLAN XACOBEO, con domicilio social en Santiago de Compostela (A Coruña), no Pavillón de Galicia, s/n – San Lázaro, titular do C.I.F. A – 15.348.386, e inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 923, Folio 93, Folla C-2655, Inscripción 1ª.

1. POLÍTICA DE PRIVACIDADE

S.A. DE XESTIÓN DO PLAN XACOBEO (en diante XACOBEO) quere dar a coñecer, mediante o presente texto, cales son os criterios e regras que segue respecto da utilización dos datos persoais que calquera usuario facilite durante o acceso á súa páxina web corporativa, en http://www.xacobeo.es, desde a que non é posible realizar contratación electrónica, sendo xa que logo, unha páxina Web corporativa meramente informativa.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante, LOPD), XACOBEO infórmalle de que os datos de carácter persoal que nos proporcionou mediante a cumplimentación de calquera formulario de rexistro electrónico que aparece no noso sitio web, así como aqueles datos aos que XACOBEO acceda como consecuencia da súa navegación, da consulta, ou solicitude de calquera servizo ou produto, ou de calquera operación realizada a través deste sitio web, serán recollidos nun ficheiro cuxo responsable é S.A. DE XESTIÓN DO PLAN XACOBEO, con domicilio en Pavillón de Galicia, s/n – San Lázaro, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), onde vostede poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e, no seu caso o de oposición, mediante solicitude asinada por escrito xunto cunha fotocopia do seu D.N.I. A non cumprimentación dos campos obrigatorios que aparecen en calquera formulario de rexistro electrónico poderá ter como consecuencia que XACOBEO non poida atender a súa solicitude.

As finalidades da recollida dos seus datos persoais son as que particularmente se indiquen en cada unha das páxinas onde apareza o formulario de rexistro electrónico. Con carácter xeral, os datos de carácter persoal que nos proporcione serán utilizados para atender ás súas solicitudes de información, así como informarlle sobre novas actividades, produtos e servizos de XACOBEO.

No caso de que a través dos citados formularios, facilite datos de carácter persoal de terceiros, previamente á súa inclusión deberá informar aos mesmos dos extremos establecidos nos parágrafos anteriores, absténdose de incluílos de non obter o seu consentimento.

XACOBEO comprométese a tratar de forma absolutamente confidencial os seus datos de carácter persoal, facendo uso dos mesmos exclusivamente para as finalidades indicadas.

XACOBEO infórmalle de que ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos seus datos de carácter persoal e eviten a súa alteración, perda, tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural. Todo iso de conformidade co previsto no artigo 9 da LOPD e no seu Regulamento de desenvolvemento aprobado por Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro.

2. CONDICIÓNS DE USO DO WEB SITE

Estas condicións regulan o uso do servizo da nosa Web Site de Internet www.xacobeo.es (en diante, a Web Site) que XACOBEO pon gratuitamente a disposición dos usuarios de Internet. A utilización da nosa Web Site atribúelle a condición de usuario (en diante, o Usuario) e supón a aceptación plena e sen reservas polo Usuario de todas e cada unha das Condicións Xerais na versión publicada por XACOBEO no momento mesmo en que o Usuario acceda á nosa Web Site, así como da nosa política de privacidade e tratamento de datos persoais.

XACOBEO resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso á súa Web Site, en calquera momento e sen necesidade de preaviso, a aqueles Usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais así como as Condicións Particulares que resulten de aplicación.

XACOBEO non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da súa Web Site e/ou dos seus servizos. No entanto, cando iso sexa razoablemente posible XACOBEO advertirá previamente as interrupcións no funcionamento do noso Web Site e dos Servizos nel ofrecidos. Neste contexto XACOBEO declina calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do noso Web Site e dos servizos.

Todo o contido dispoñible no Sitio web, texto, gráficos, logotipos, iconas, imaxes, clips de audio, recompilacións de datos e software etc. é propiedade de XACOBEO, e está protexido polas leis de propiedade intelectual. XACOBEO declara que os dereitos de propiedade industrial (Marcas, Nomes comerciais, etc.) que aparecen neste Web Site son da súa propiedade e/ou se atopan lexitimamente explotados en virtude de acordos ou licenzas de uso, atopándose debidamente protexidos pola Normativa existente sobre Propiedade Industrial.

O Usuario obrígase a usar a Web Site de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprométese a absterse de:

  • Suprimir, eludir ou manipular o copyright, marcas e demais datos identificativos dos dereitos de XACOBEO ou dos seus titulares incorporados aos contidos e/ou produtos comercializados desde o noso Web Site, así como os dispositivos técnicos de protección, as pegadas dixitais ou calquera mecanismos de información que puideren conter os mesmos.
  • Empregar os contidos e, en particular, a información de XACOBEO obtida a través do noso Web Site para remitir publicidade, comunicacións con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, mensaxes non solicitadas dirixidos a unha pluralidade de persoas.
  • Reproducir ou copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou iso resulte legalmente permitido.
  • En xeral, utilizar os contidos de forma, con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptadas ou á orde pública.

XACOBEO non concede ningunha licenza ou autorización de uso de ningunha clase sobre os seus dereitos de propiedade industrial e intelectual ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado coa súa Web Site.


blog comments powered by Disqus
Camino de Santiago blog