Espiritualidade

Polacos no Camiño do Norte

Polacos no Camiño do Norte

Este grupo de peregrinos son de Bydgoszcz , cidade do norte de Polonia. O grupo está formado por un cura e os seus alumnos que fixeron o Camiño do Norte, desde Oviedo ata Santiago. Cóntannos que a súa motivación foi esencialmente espiritual. Santiago de Compostela »

Experiencia coreana no Camiño

Experiencia coreana no Camiño

Orgulloso de “sobrevivir” a unha tendinite que dificultou a súa camiñada, este peregrino coreano explícanos os motivos que lle empurraron a facer o Camiño e as vivencias enriquecedoras que lle achegou. O noso peregrino xa está en Santiago e só lle queda unha cousa pendente: probar o polbo á galega. »

Pola integración de persoas discapacitadas

Pola integración de persoas discapacitadas

Un grupo de persoas con discapacidades físicas, psíquicas e sensoriais percorreu uns 30 quilómetros do Camiño de Santiago sobre bicicletas adaptadas. O obxectivo: reclamar maior atención cara ás necesidades que teñen as persoas con mobilidade reducida á hora de acceder a espazos e contornos, e pór de manifesto a importancia da eliminación de barreiras... »

O Camiño chega a Xapón

O Camiño chega a Xapón

Achegar o Camiño a Xapón. Diso trata a exposición do fotógrafo vigués Luís Ocaña na embaixada española en Toquio (Xapón). Corenta instantáneas en branco e negro que retratan algúns dos máis fermosos recunchos da Ruta Xacobea, desde os cantís de Fisterra ata paisaxes do río Tambre ou o Pórtico da Gloria do Mestre Mateo. Esta... »

Un ministro luterano no Camiño

Un ministro luterano no Camiño

Gösta Tingström é un ministro luterano sueco que decidiu percorrer o Camiño de Santiago para pórse a proba como ser humano e como sacerdote. O Camiño é tamén para Gösta un test sobre as súas habilidades como predicador e unha fonte de inspiración para ofrecer cambios á Igrexa á que pertence. »

Un Xacobeo austero, plural e global

O Xacobeo 2010 rexerase polos principios de calidade, universalidade, modernidade, perdurabilidade, sostibilidade, accesibilidade e solidariedade. Principios sobre os que se deseña unha variada programación cultural baseada na austeridade e o rigor, e acorde aos valores da glocalización. Para a presentación do Xacobeo 2010 elixiuse unha data simbólica, o 20 do 10, que recolle ademais o... »

Amor e fe no Camiño

Amor e fe no Camiño

Saímos do Alto do Poio con dous peregrinos de Alacante. Esta é a súa segunda experiencia no Camiño, unha ruta na que volven palpar a fraternidade e o amor que se profesan os peregrinos, e experimentar o sempre enriquecedor intercambio cultural. »

O Camiño dos Satélites

O Camiño dos Satélites

O cantante e deportista invidente Serafín Zubiri foi o primeiro en probar sobre o terreo os dispositivos tecnolóxicos do proxecto “O Camiño dos Satélites”. Trátase dun plan impulsado pola Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC) e a Fundación Tecnoloxía Social (FTS) –co apoio do Xacobeo 2010– para facer accesible o Camiño a persoas con... »

¿Cales son as túas motivacións para facer o Camiño?

¿Cales son as túas motivacións para facer o Camiño?

Queremos saber cales son as túas motivacións para facer o Camiño. Queremos coñecer as causas que impulsan a un a coller unha mochila nas súas vacacións e percorrer longas etapas que finalizan en modestos albergues, ás veces calados ata os ósos pola chuvia, outras deshidratados pola calor, cos pés cheos de bochas e, por... »

O Camiño celestial desde Roma

O Camiño celestial desde Roma

Unha nova Ruta Xacobea, un novo Camiño celestial, unirá a dous dos grandes destinos da peregrinación católica: Roma e Santiago de Compostela. Obra Romana de Peregrinacións (ORP) –a axencia de viaxes do Vaticano–, e a rede Camiños de Europa promoven a liña de voos directos entre ambas as dúas cidades, operados pola compañía Mistral... »

Camino de Santiago blog