Historia do Camiño

A ruta xacobea está conformada por unha rede de camiños de peregrinación que comunica os lugares máis distantes de Europa coa tumba do Apóstolo, representando un dos piares fundamentais nos que se cimentou a conciencia europea. Foi declarada polo Consello de Europa Primeiro Itinerario Cultural Europeo en 1987, e reforzada coa declaración por parte da UNESCO en 1993 como Ben Patrimonio da Humanidade; tamén se lle outorgou o Premio Príncipe de Asturias da Concordia no ano 2004.

O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago o Maior inicia inmediatamente unha gran corrente de peregrinación cara ao lugar da súa localización, convertendo o pequeno locus Sancti Iacobi nun centro relixioso e cultural de resonancia occidental, dando orixe á cidade de Santiago de Compostela e mantendo viva na actualidade a súa extraordinaria capacidade de convocatoria.

Segundo a tradición, Santiago foi o apóstolo que predicaría nas terras máis afastadas de entre as coñecidas, o límite occidental. En Palestina, Herodes Agripa condénao a morte por decapitación no ano 44 da nosa era.

Seguindo coa tradición xacobea, dous dos discípulos de Santiago, Atanasio e Teodoro, recolleron o seu corpo e a súa cabeza, e trasladáronos ata Galicia, arribando a súa embarcación a Iria Flavia despois de sete días de navegación. Tras varias vicisitudes é soterrado nun bosque coñecido como Libredón.

Tras oito séculos esquecida, a tumba de Santiago e os seus discípulos foi atopada por un ermitán, de nome Paio, entre o ano 820 e 830, no citado bosque na diocese de Iria Flavia, a máis occidental do Reino de Asturias. O feito foi verificado polo bispo Teodomiro, quen o puxo en coñecemento do rei Afonso II; este acode rapidamente desde Oviedo para visitar o lugar e constatar a milagrosa revelación, polo que é o primeiro peregrino no locus sanctus. O primeiro documento escrito que se conserva sobre o descubrimento é a Concordia de Antealtares de 1077. O achado da tumba xacobea e a difusión do culto ao Apóstolo fortalece a Igrexa ástur, acabada de instaurar, así como as pretensións políticas da monarquía, fronte aos ataques islámicos e ao expansionismo carolinxio. O santuario pasa a ser capital diocesana en prexuízo de Iria Flavia.

Por orde de Afonso II edificouse unha modesta igrexa sobre a tumba dedicada ao culto a Santiago. A segunda basílica apostólica que a monarquía levantou en Compostela foi consagrada por Afonso III no ano 899.

A cidade altomedieval de Santiago configurouse, máis que polas doazóns de terras e bens dos monarcas, polo efecto do encontro espontáneo entre xentes de distintas rexións de Europa. A peregrinación alcanzou a mediados do século X un éxito notable. En todo este século o Camiño de Santiago cruza o territorio leonés, deixando unha fonda pegada nos propios moradores, abraiados pola capacidade de convocatoria do Apóstolo, así como tamén en todo o territorio europeo coa acción difusora dos peregrinos que regresan.

Santiago de Compostela constituía, a finais do século X, un burgo de medianas dimensións, aínda que era considerado un centro relixioso de prestixio internacional. En 997 o ataque dun poderoso exército islámico, capitaneado por Almanzor, que destruíu e saqueou completamente a cidade, puxo en fuga a todos os seus habitantes agás o seu bispo, san Rosendo. En 1075 o bispo Diego Peláez e o rei Afonso VI inician a construción da catedral románica, sendo Diego Xelmírez, primeiro arcebispo compostelán, o que a impulsou definitivamente.

A peregrinación, como fenómeno medieval, tivo un compoñente eminentemente relixioso. O móbil mais puro e xenuíno era a devoción ao Apóstolo, aínda que tamén se podía peregrinar para satisfacer un voto, para prepararse espiritualmente antes de pedirlle unha graza ao Apóstolo ou a Deus e, un motivo moi común, para a expiación dunha culpa.

A peregrinación a Santiago de Compostela alcanzou a súa célebre idade de ouro durante os séculos XI, XII e XIII, grazas á promoción da abadía beneditina francesa de Cluny, a decidida acción do arcebispo Xelmírez, e pola vontade do rei Sancho o Maior de Navarra, a principios do século XI, e dos monarcas Afonso VI de Castela e León, e Sancho Ramírez de Aragón e Navarra, na segunda metade do século XI. Estes reis cristiáns foron decididos impulsores do Camiño de Santiago nos seus territorios, trazando o camiño físico nas zonas onde aínda non existía, levantando pontes que salvaban o curso dos ríos, construíndo igrexas e catedrais, axudando os mosteiros con doazóns e redimindo de impostos os peregrinos que pasaban polas súas terras.

Outro dos aspectos fundamentais que sostivo o fenómeno da peregrinación xacobea foi a hospitalidade do Camiño de Santiago, cuxos protagonistas foron tanto os poderosos coma os humildes. Esta práctica motivou a fundación de institucións asistenciais que atenderon as necesidades espirituais, materiais e sanitarias dos peregrinos. Segundo a orixe da súa fundación, eclesiástica, civil ou popular, os centros podíanse clasificar en hospitais episcopais, catedralicios, hospitais das ordes militares, monásticos, reais, fundacións nobiliarias, hospitais parroquiais e, no caso das cidades do Camiño, hospitais de gremios e de confrarías. Neste sentido cómpre destacar a importancia dos mosteiros de Cluny, ou de ordes militares, sobre todo a de San Xoán de Xerusalén.

O legado cultural do culto xacobeo e da peregrinación na Idade Media foi sempre xeneroso. O texto máis universalmente coñecido e relacionado co Camiño de Santiago é o Códice Calixtino. O Liber Sancti Jacobi, denominación culta do códice, consagrouse como unha obra colosal para a promoción xacobea. Con este instrumento Diego Xelmírez apuntaba cara aos seus obxectivos de engrandecemento e prestixio da sé apostólica e metropolitana. Outro gran texto foi o concibido pouco despois do ano 1100 polo propio arcebispo, a Historia Compostelana. O seu obxectivo fundamental era deixar constancia textual de todos os feitos notables que Xelmírez fixo para engrandecer a sé apostólica e para que os seus sucesores tivesen proba notarial, xurídica, dos fundamentos, dereitos e posesións da Igrexa de Santiago.

Non debe esquecerse que as peregrinacións forxaron a chamada Arte do Camiño de Santiago. A historiografía tradicional fala da circulación de mestres e obradoiros artísticos que haberían de trasladarse dependendo da demanda construtiva nas igrexas e catedrais das rutas de peregrinación, sobre todo no ámbito hispano-francés. A arte do Camiño de Santiago debe aplicarse a un conxunto de edificios formado pola catedral de Santiago, a colexiata de San Isidoro de León, a igrexa de San Martín de Frómista en Palencia, a catedral aragonesa de Jaca e as igrexas francesas de Santa Fe de Conques e San Saturnino de Toulouse. Todas estas obras do Camiño Francés mostran claras conexións estilísticas, e é moi significativa a vinculación detectada entre todas as demais con respecto á catedral de Santiago. Dentro deste grupo hai que falar das igrexas de peregrinación. Cada unha delas albergaba unha colección de reliquias moi querida e visitada polos peregrinos. Estas igrexas son San Martín de Tours, San Marcial de Limoges, Santa Fe de Conques, San Saturnino de Toulouse e Santiago de Compostela.

Na Baixa Idade Media, un dos aspectos máis salientables é o enorme desenvolvemento das peregrinacións marítimas e, aínda que estas se documentan xa desde o século XI, é no XIII e no XIV cando o seu número se dispara. Tamén o século XIV é testemuño da gran crise económica, social e sobre todo demográfica, motivada principalmente pola incidencia da peste negra en 1348, o que provoca un descenso do número de peregrinos.

No século XV asistimos á creación do Ano Santo. Ao longo dos tempos, a proclamación de cada Ano Santo provocou grandes riadas de peregrinos na procura do xubileu: a graza especial do perdón dos pecados, outorgada a todos os fieis que peregrinaban a Compostela durante ese ano. O primeiro Ano Xubilar sería, aproximadamente, o de 1428, convocado en 1425 por iniciativa do arcebispo compostelán Lope de Mendoza.

A cultura renacentista iniciouse en Santiago coa inauguración dun grande edificio hospitalario de patrocinio rexio, dedicado a atender as necesidades asistenciais de peregrinos, doentes, pobres e mendigos. Para iso foi preciso que os Reis Católicos exercesen o sentido social do Estado Moderno e lle concedesen ao Gran Hospital un terzo das rendas do voto do Reino de Granada, acabado de conquistar aos musulmáns. A construción do Hospital Real rematou en 1517.

O inicio da Idade Moderna vai ser testemuña de como o movemento relixioso da Reforma vai prexudicar a peregrinación a Santiago, xa que o protestantismo é contrario ao culto aos santos, ás indulxencias, aos anos santos ou xubileus. Como consecuencia, a peregrinación debilitouse en comunidades de forte tradición xacobea como o imperio alemán, os países escandinavos, as Illas Británicas e os Países Baixos.

O catolicismo postrentino maniféstase nun novo pulo potenciador do culto aos santos. Iníciase entón un novo rexurdimento das peregrinacións a Santiago. Co Barroco, Santiago moderniza a súa imaxe urbana, renovando a catedral, as igrexas ou os mosteiros.

A peregrinación occidental mantivo uns elevados niveis de devoción popular ata finais do século XVIII. Proba desta vitalidade é a construción, na catedral de Santiago, por iniciativa do arcebispo Raxoi, da neoclásica capela da Comuñón (1764-1783), ampla e innovadora arquitectura destinada a ofrecerlles a comuñón aos peregrinos.

A afluencia masiva de peregrinos galos cae por mor da Revolución Francesa e da invasión napoleónica da Península. Os peregrinos que máis frecuentaron o Camiño ao longo do século XIX procedían doutras partes de España, mentres que, entre os estranxeiros, foron os portugueses os máis numerosos. Os antigos niveis de peregrinos xa non se volverían alcanzar. As guerras carlistas en España, a perda de poder da Igrexa e a instauración da I República española afastaron os peregrinos do Camiño de Santiago. Ademais produciríase unha caída da devoción a Santiago, vinculada co paulatino illamento de España e co pechamento de fronteiras que se viña producindo en Europa. O Camiño de Santiago perdía a forza primixenia que fixera del a espiña dorsal da cultura Europea.

Un feito de vital importancia para a peregrinación no último cuarto de século foi o Segundo Descubrimento do corpo de Santiago (1879), acontecido na catedral de Santiago. Isto reforzou o espertar do interese internacional pola peregrinación, polo que 1880 se declarou Ano Santo Extraordinario. A ocultación sucedera en 1589, ordenada polo arcebispo san Clemente, por temor ao ataque e saqueo da cidade por parte do pirata inglés Francis Drake. A crise da peregrinación no século XX está en relación cos graves acontecementos que sufriu Occidente. Europa quedaría destruída despois da I e da II Guerra Mundial, e España coa Guerra Civil. Despois da dura posguerra, cada Ano Santo seguiron chegando a Santiago devotos de Galicia e mesmo de toda España e, en menor medida, do estranxeiro. Os valiosos esforzos dos arcebispos composteláns dos dous primeiros terzos do século XX -Martín de Herrera, Muñiz de Pablos e Quiroga Palacios- canto á potenciación do culto xacobeo, fixeron que crecese enormemente a corrente turística relixiosa cara a Compostela. O Camiño de Santiago foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1962 polo Estado español.

Houbo, nas últimas décadas do século XX, unha serie de acontecementos, case sempre localizados nos Anos Santos de 1982, 1993, 1999 e 2004, que fixeron que se revitalizase a peregrinación a Compostela e que deron a coñecer máis e mellor o Camiño de Santiago. Cómpre salientar a visita da Súa Santidade o Papa Xoán Paulo II en 1982 e 1989, e os proxectos de revalorización e revitalización dos Camiños de Santiago dos organismos públicos, principalmente da Administración galega.

Un capítulo de vital importancia para fomentar o conservacionismo do espírito da peregrinación e do interese polo Camiño de Santiago constitúeno as asociacións de amigos do Camiño de Santiago, organizadas en España e en toda Europa occidental (Francia, Inglaterra, Bélxica, Holanda e Alemaña, principalmente).

Este renacemento do Camiño de Santiago vén a sumar as xentes vindas da Península e de Europa, outros peregrinos vindos das Américas, África, Asia e Oceanía. Espiritualidade relixiosa, turismo cultural ou aventura, a ruta xacobea rexorde claramente coa súa vocación universal, aberta a todas as sensibilidades relixiosas e culturais.

O Camiño de Santiago representa a conciencia europea, a identidade de Europa, e esta ten como responsabilidade revalorizar a súa poderosa capacidade formativa, coidar o seu rico patrimonio histórico-artístico, aloumiñar o seu potencial ecolóxico e conservar o seu espírito de hospitalidade e solidariedade.


  • elsaolgagonzalezalbors
    Soy de Argentina de pura raiz española, padre castellano, madre gallega.Por eso si Dios lo permite iniciare "mi camino" el 2 de julio desde Leon.Todo el proyecto me produce mucha emocion y alegria.He visitado Compostela como turista en varias oportunidades pero este Xacobeo es muy especial para mi.Alli estare hermanos queridos españoles!!!!
  • guillermobenaroyamartin
    me gustaria saver lugares donde comienza el camino de santiago
    para en algun momento hacerlo de punta a punta, conocer donde inicia en los paises de europa
  • ireydani
    El camino francés y mas típico empieza en Ronces Valles. Te recomiendo que leas el libro "bueno, me largo" del cómico alemán Hape Kerkeling, puede servirte como guía.
  • Sil
    "The first Jubilee Year was convoked in 1425 by Lope de Mendoza, Bishop of Santiago, and probably celebrated in 1428."

    Constance Mary Storrs wrote in her book "Jacobean Pilgrims from England to St James of Compostela" that a great number of pilgrims from England went to Santiago for the Holy Year in 1395. Do you not have any record of this Holy Year??
  • Hi Sil,

    Have a look at this text (Spanish):
    La supuesta concesión del Jubileo a Compostela por el papa Calixto II hacia el año 1119, ratificada en 1179 por el pontífice Alejandro III, que confirmaría esta celebración como perpetua mediante la bula Regis Aeterni, es un proceso puesto en cuarentena por algunos historiadores. Defiendes éstos un orígen más tardío para el Jubileo en Santiago, que no se iniciaría hasta la primera mitad del siglo XV. Sostienen que este Jubileo nació imitando al exitoso Año Santo romano, celebrado por primera vez en 1300 como respuesta del papa Bonifacio VIII a la espontánea demanda de gracias especiales de los miles y miles de peregrinos que visitaban Roma en ese emblemático año de cambio de siglo.

    Las posturas sobre el origen de los Jubileos compostelano son fundamentalmente dos. Las resumimos a través de los trabajos de dos de los escasos experto que se han interesado por esta cuestión intentando aportar luz sobre ella, aunque desde puntos de vista divergentes. Jesús Precedo Lafuente, ex-deán de la catedral de Santiago y un destacado responsable de la organización de varios Años Santos compostelanos en la segunda mitad del siglo XX, sostiene que, siguiendo la bula Regis Aeterni (1179), del papa Alejandro III, el primer Jubileo se celebró en Santiago en 1182. Defiende además, que se mantiene desde ese momento esta celebración en los años en los que, de acuerdo con lo establecido en dicha bula, coincide en domingo la festividad del martirio en Palestina del apóstol Santiago-25 de julio-, lo que sucede habitualmente cada 6,5,6, 11años (Precedo Lafuente, Jesús: "Orígen y significado del Año Santao Compostelano" en Guía del peregrino del Calixtino de Salamanca, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1993, p.20). Sin embargo el profesor compostelano Fernando López Alsina, el historiador que ha estudiado más a fondo esta cuestión, apuesta por un origen posterior, asegurando que el primer Año Santo compostelano no se celebraría hasta 1428 ó 1434. Precisa en este sentido que "sólo desde 1434, y a lo largo del resto del siglo XV, es posible seguir la celebración regular del Año Santo Compostelano, según los intervalos previstos (cada, 6, 5, 6, 11años). (López Alsian, Fernando: "Años Santos Romanos y Años Santos Compostelanos", en Santigo, Roma, Jerusalén. Actas del III Congreso Internacional de Estudios Jacobeos-Caucci, Paolo, edic. Xunta de Galicia, Santigo de Compostela, 1999, p. 235)
  • Sil
    My understanding was that in the early middle ages the 30 December was St James’ Feast day, based on the old Hispanic (Mozarabic) rite.
    In the 11th century King Alfonso VI abolished the Hispanic rite in favour of the Roman rite and July 25 became the principal feast day to commemorate the martyrdom of St. James. (December 30 was incorporated into the present liturgical calendar as the Feast of the Translation of his relics.)
    And, although we celebrate his Feast Day on 25th July using the Roman Rite calendar, it was formerly on the 5th August on the Tridentine Rite calendar.

    It is interesting that when one calculates the 25th July 1395 on the Julian calendar, it comes up as a Sunday.
    http://www.fourmilab.ch/documents/calendar/
  • annelieccearanguren
    me gustaria recorrer el camino a Santiago, pero quisiera saber si puedo contactar a alguien para hacer un grupo de peregrinacion. Hay algo asi? Me agradaria enormemente que me repondieran
  • Victor Manuel Diez
    Me interesaria recibir la guia sobre El camino que yo entiendo la puede proporcionar la Xunta de Galicia. Como podria contactarme con la Xunta y cual es la direccion postal
blog comments powered by Disqus
Camino de Santiago blog