Benvido ao blog de Xacobeo

Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela
É para min un pracer darvos a benvida a este novo lugar de encontro na rede concibido dentro do Plan Xacobeo 2010. Agora que se achega cada vez máis este Ano Santo no que tantas ilusións temos depositadas, redobramos esforzos para que a densa tradición do Camiño de Santiago teña continuidade no presente e se proxecte cara ao futuro. Internet, o máis innovador e inmediato dos medios de comunicación, constitúe sen dúbida a ferramenta idónea para transmitir a riqueza colectiva que conforma a experiencia do Camiño.
A creación dun blog, é máis, dunha plataforma de blogs, non resulta por suposto casual. Reactivar todos os valores sociais e culturais, artísticos e identitarios, vinculados ao Camiño ten que ser necesariamente un esforzo colectivo. A interactividade e as posibilidades de participación, propias do universo blog, son a garantía de que os elementos que estiveron sempre na base do fenómeno Xacobeo seguirán sendo claves na súa necesaria modernización: o espírito de unión no respecto da diversidade, a cultura como proxecto común, a achega de experiencias para o enriquecemento mutuo.
Manter viva hoxe esta tradición significa ante todo poñerse a disposición do peregrino, o verdadeiro motor do Xacobeo. Isto implica non só facilitar a súa viaxe durante o Camiño, senón dotalo de todos os medios para a preparación desta e para que esa experiencia única teña continuidade no tempo. Espero que este espazo se converta axiña nunha referencia obrigada na que atopar información sobre a historia do Camiño e das terras polas que atravesa, nun arquivo repleto de datos útiles para organizar a viaxe e para, unha vez rematada, rememorala con pracer.
A peregrinación é o momento privilexiado no que cristaliza unha riqueza vivencial, espiritual e humana, que non obstante non debe esgotarse nela. Por iso abrimos este espazo a todos os peregrinos, co obxectivo de que a través dos seus propios blogs compartan connosco unha parte do vivido. É a nosa esperanza que a través destes cadernos de viaxe e destas lembranzas se vaia configurando pouco a pouco unha verdadeira comunidade virtual, que potencie e expanda tamén na rede a forza aglutinadora do Camiño.
O fenómeno Xacobeo converteuse, a partir desta noción orixinal de peregrinación, nun dos grandes activos económicos e turísticos de Galicia. Sempre no respecto da súa irrenunciable compoñente relixiosa e espiritual, pretendemos construír ao seu arredor unha aposta turística moderna e sostible. Espero que tamén o viaxeiro curioso polas nosas bondades gastronómicas, o noso patrimonio natural ou a riqueza cultural de Galicia, atope neste blog alicientes para nos visitar nun futuro ou para repetir a súa visita.
-
Angel
-
pacodelugo
-
elsaolgagonzalezalbors
-
veronika25
-
Xacobeo
-
mi nombre es nombre
-
Xacobeo
-
Mbl
-
Xacobeo
-
carlosoliveira
-
Xacobeo
-
moevius
-
Juan
-
juan antonio castaño montouto
-
luzmarinagoparsantana
-
luzmarinagoparsantana
-
César
-
llento
-
moonshine
-
lucero123
-
Marisa
-
salvapor
-
juanmanuelmartindelgado
-
antoniarodriguez
-
juanmanuelmartindelgado
-
antoniarodriguez
-
axel
-
Agusti
-
isabel
-
KARINA GUSTMANN
-
Manuel Valdrez
-
ade lopez
-
yrisaraujomoron
-
Carmela
-
jose balleria
-
birgitspiecker
-
enriqueterriza
-
kikocam
-
elbodeguero
-
ciclismo puro
-
ramongarciarodriguez
-
Isabel M. Estrada Galiñanes
-
Jonathan Uzcategui
-
BEATRIZ RICALDI
-
Jonnathan Uzcategui





