Tag Archive

Torre de Hércules

By admin

A guía Teresa Gutiérrez fálanos da Torre de Hércules, na Coruña. A torre foi construída no século I e é o único faro romano que aínda está en funcionamento. Torre de Hercules »

Na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela

By admin

Tras pasar pola Oficina do Peregrino e recoller a compostela, son moitos os que acoden á Oficina de Turismo de Santiago de Compostela na procura de información útil, principalmente sobre o aloxamento, o transporte e a oferta turística da cidade. E é que son moitos os que tras finalizar a Ruta Xacobea deciden gozar... »

Facer o Camiño só e en bicicleta

By admin

Belmans Sander é belga e está percorrendo só o Camiño de Santiago en bicicleta. Belmans explícanos os motivos que o empurraron a percorrer a Ruta Xacobea e as peculiaridades de facelo en solitario e sobre unha bicicleta. »

Un ministro luterano no Camiño

By admin

Gösta Tingström é un ministro luterano sueco que decidiu percorrer o Camiño de Santiago para pórse a proba como ser humano e como sacerdote. O Camiño é tamén para Gösta un test sobre as súas habilidades como predicador e unha fonte de inspiración para ofrecer cambios á Igrexa á que pertence. »

Amor e fe no Camiño

By admin

Saímos do Alto do Poio con dous peregrinos de Alacante. Esta é a súa segunda experiencia no Camiño, unha ruta na que volven palpar a fraternidade e o amor que se profesan os peregrinos, e experimentar o sempre enriquecedor intercambio cultural. »

A señora Julia

By admin

A señora Julia vive na aldea de Pasantes, pertencente ao Concello de Triacastela (Lugo). Por aquí, o regueiro de peregrinos é case incesante. Estamos no Camiño Francés e para a señora Julia, os peregrinos son parte indeleble da paisaxe. Pasantes, Galicia »

Rumi Makyno, Tokio (Xapón)

By admin

Rumi Makyno é de Tokio (Xapón). Está percorrendo o Camiño Francés e nós atopámola en Samos (Lugo), onde charlamos con ela. Camiña soa e perfectamente fornecida. “O Camiño é como a vida”, dinos antes de ofrecer uns consellos útiles aos peregrinos. Samos, Galica »

Historias do Camiño

By admin

Do Camiño de Santiago pódense contar infinidade de historias. Cada peregrino, cada lugar e cada un dos seus habitantes gardan grandes e pequenas anécdotas e peripecias que xuntas compoñen a gran historia da Ruta Xacobea. Cámara en man, botámonos a andar o Camiño para descubrir os seus segredos, a súa cultura e tradición, as... »

Camino de Santiago blog